
Son Sheila Patricia, artista, produtora e mánager de artistas. Tras a miña experiencia no mundo do espectáculo, sobre e baixo o esceario, decidín poñer en marcha Xeitosa Producións. Unha empresa creada para o apoio entre artistas, técnicas e mulleres relacionadas ca industria musical e do espectáculo. Decidín leva a cabo un proxecto onde os eventos sexan coidados con mimo, onde os detalles importen e os bós relutados sexan a nosa motivación última. Como ben di o noso nome: «Con Xeitiño, ben feitiño»
Conto cun grupo de profesionais o meu arredor que me axudan a garantir un producto de calidade, onde a experiencia artística sexa a única protagonista dese momento. Comodidade e desfrute para organizadorxs, artistas e Público.
Traballamos con xeitiño, logrando unha estética moderna, eventos sonoros que deixen pegada, fabricando emocións.
Manágement
Representamos artistas. Traballamos de xeito simultáneo ao seu traballo persoal. Artistas que veñen da autoxestión, creando unha rede de apoio mutuo para lograr os obxectivos.
Produción
Adicámonos á produción, elaboración , organización e desenrolo do evento. Contamos cunha equipa de profesionáis asociadas para traballar en cada evento de xeito eficaz, profesional e estétcamente fermoso. Deseñadoras gráficas, Técnicas de Son, productoras, Cámaras, Técnicas de esceario, luces, etc
Non dubides en contar coas nosas profesionáis!
Loxística
Temos todo o necesario para a realización de concertos, teatro, espectáculos infantís, etc. Son, iluminación, palcos, cadeiras, camaríns, baños químicos, etc. Podes dispoñer deles de xeito combinado ou dun só servizo, o que precises.